Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1855 CABEZO E LAMELAS Ourense Maceda VILARDECÁS (SAN XOÁN) PAIOSO 26/11/1975 Ficha
2349 CABEZO GRANDE Ourense Viana do Bolo PRADORRAMISQUEDO (SAN SEBASTIÁN) PRADORRAMISQUEDO 26/11/1975 Ficha
2349 CABEZO GRANDE Ourense Viana do Bolo PRADORRAMISQUEDO (SAN SEBASTIÁN) PRADORRAMISQUEDO 26/11/1975 Ficha
961 CABORRECELLE Lugo Portomarín CABORRECELLE (SAN XULIÁN) CABORRECELLE 31/07/1975 Ficha
961 CABORRECELLE Lugo Portomarín CABORRECELLE (SAN XULIÁN) CABORRECELLE 31/07/1975 Ficha
262 CABRAL OU BAÍÑAS A Coruña Vimianzo BAÍÑAS (SAN ANTOLÍN) BAÍÑAS E VAL BAÍÑAS E VAL 16/12/1996 Ficha
262 CABRAL OU BAÍÑAS A Coruña Vimianzo BAÍÑAS (SAN ANTOLÍN) BAÍÑAS E VAL BAÍÑAS E VAL 16/12/1996 Ficha
2119 CABRÓN, MULLARIÑAS, CHAO DO ASNO, TEIXUGUEIRA E CASAL Ourense Quintela de Leirado LEIRADO (SAN PEDRO) FRAGUAS E A MOURISCA 25/05/1977 Ficha
2119 CABRÓN, MULLARIÑAS, CHAO DO ASNO, TEIXUGUEIRA E CASAL Ourense Quintela de Leirado LEIRADO (SAN PEDRO) FRAGUAS E A MOURISCA 25/05/1977 Ficha
37 CACHADA,COSTA E GATEÑOS, INSUA, CURBEIRO E CUSIÑADOIRO. A Coruña Camariñas XAVIÑA (SANTA MARÍA) Toda a parroquia XAVIÑA, AGÁS os lugares SANTA MARIÑA E BRAÑAS VERDES XAVIÑA AGÁS STA. MARIÑA E BRAÑAS VERDES 28/05/1979 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas