Área temática: montes

Aproveitamentos de cortizas

Serán obxecto de autorización os aproveitamentos de cortiza que se produzan en masas de sobreiras nos montes ou terreos forestais de xestión privada que non dispoñan dun instrumento de ordenación ou de xestión aprobado pola Administración forestal de conformidade co establecido no artigo 8 e no capítulo II do título III da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ou que, contando con dito instrumento, os aproveitamentos de cortiza non se axusten ao disposto nel.

Aproveitamentos madeireiros (CORWEB)

A ferramenta CORWEB permite que os cidadáns xestionen as solicitudes de aproveitamento madeireiro en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para acceder a esta ferramenta é preciso dispor dun certificado dixital ou ben dun contrasinal Chave365.

Máis información sobre Chave365.

Comunicación anual de datos empresas forestais (RESFOR)

Comunicación coutos micolóxicos

A ordenación e regulación do aproveitamento micolóxico, mediante a recollida de cogomelos ou fungos, nos montes e terreos forestais de xestión privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes aproveitamentos realizaranse dentro dos límites que permitan os intereses de conservación e mellora do monte de acordo co disposto no Decreto 50/2014, do 10 de abril, e de xeito que se garanta a súa persistencia e capacidade de renovación.

Directorio de industrias forestais

O monte en Galicia é fonte de numerosos bens directos, sendo a madeira o aproveitamento que presenta unha maior relevancia económica e social. En cifras do Anuario de estatística Forestal de Galicia en 2019 producíronse un total de 93.921 solicitudes de aproveitamento, cun volume total de 9,44 millóns m3 de madeira.

Materiais forestais de reprodución

O Rexistro Galego de Materiais de Base pretende regular o procedemento de autorización para a produción de materiais forestais de reprodución. A normativa establece que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización se utilizarán unicamente materiais de base autorizados.

Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

Observatorio forestal

A Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal dispón dunha serie histórica cos aproveitamentos de madeira en Galicia, esta información é valiosa para entender a importancia do monte galego e en especial, para comprender as tendencias que se están a desenvolver e poder actuar en concordancia con elas. Para elo é preciso unha información continuada, dinámica e acaída, que amose datos en tempo real.

A continuación amósanse os datos de solicitudes ou declaracións responsables de volume de madeira en montes de xestión privada desagregados segundo formación específica.

Rexistro de montes ordenados

Na LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia no seu Título XI Do sistema rexistral , Artigo 126  créase o sistema rexistral forestal de Galicia, como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á consellaría competente en materia forestal, no que se inscribirán o conxunto de datos pertencentes aos seguintes rexistros:

Rexistro de montes ordenados

Na LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia no seu Título XI Do sistema rexistral , Artigo 126  créase o sistema rexistral forestal de Galicia, como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á consellaría competente en materia forestal, no que se inscribirán o conxunto de datos pertencentes aos seguintes rexistros: