Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
4270 San Cristovo e Regueira do Ameal Pontevedra Salvaterra de Miño ALXÉN (SAN PAIO) ALXEN 13/01/2020 Ficha
1309 SAN FIZ E LOUXEIRA Ourense Barco de Valdeorras (O) ÉNTOMA (SAN XOÁN) PARROQUIA DE ÉNTOMA (SAN XOÁN) 28/02/1977 Ficha
1309 SAN FIZ E LOUXEIRA Ourense Barco de Valdeorras (O) ÉNTOMA (SAN XOÁN) PARROQUIA DE ÉNTOMA (SAN XOÁN) 28/02/1977 Ficha
3851 SAN GREGORIO E OUTRO Pontevedra Vila de Cruces OLLARES (SANTA MARÍA) TODOS OLLARES 08/11/2007 Ficha
3851 SAN GREGORIO E OUTRO Pontevedra Vila de Cruces OLLARES (SANTA MARÍA) TODOS OLLARES 08/11/2007 Ficha
171 SAN GREGORIO, MONTE DE ABAIXO E MONTE LAMAS A Coruña Padrón PADRÓN (SANTIAGO APÓSTOLO) A DEVESA, EXTRAMUNDI DE ARRIBA, EXTRAMUNDI DE ABAIXO, VILAR, AGRONOVO E A PEDREIRA. EXTRAMUNDI E OUTROS 23/06/1980 Ficha

152 SAN LOIS A Coruña Noia OBRE (SANTA MARIÑA) Todos os lugares da parroquia de Obre e VALBARGOS da parroquia de Argalo Parroquia de Obre e Lugar de Valbargos 22/06/1989 Ficha
152 SAN LOIS A Coruña Noia OBRE (SANTA MARIÑA) Todos os lugares da parroquia de Obre e VALBARGOS da parroquia de Argalo Parroquia de Obre e Lugar de Valbargos 22/06/1989 Ficha
179 SAN LOIS, SOLAR, CABALLOSO, FIEIRO, PEDRICES E COSTADO A Coruña Porto do Son (O) MIÑORTOS (SAN MARTIÑO) MIÑORTOS 28/05/1979 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

Áreas temáticas