Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
3914 RÍO COBO Ourense Sarreaus CODOSEDO (SANTA MARÍA) CODOSEDO 02/12/2009 Ficha
789 RIO DE PORTO Lugo Negueira de Muñiz RÍO DE PORTO (SAN BRAIS DA BARQUEIRÍA) ESTRALGO, RÍO, SARCEADA E VILAGUDÍN RIO DO PORTO 28/12/1974 Ficha
789 RIO DE PORTO Lugo Negueira de Muñiz RÍO DE PORTO (SAN BRAIS DA BARQUEIRÍA) ESTRALGO, RÍO, SARCEADA E VILAGUDÍN RIO DO PORTO 28/12/1974 Ficha
55 RÍO DO SOL A Coruña Coristanco ERBECEDO (DIVINO SALVADOR) ERBECEDO 26/04/1982 Ficha
2373 RÍO FARELOS E PORQUEIRA Ourense Vilamartín de Valdeorras CÓRGOMO (SANTA COMBA) CÓRGOMO, A PORTELA E BAXELES 17/11/1976 Ficha
2373 RÍO FARELOS E PORQUEIRA Ourense Vilamartín de Valdeorras CÓRGOMO (SANTA COMBA) CÓRGOMO, A PORTELA E BAXELES 17/11/1976 Ficha
1409 RÍO, COTO, BULEIRA, ABUIÑO E PIÑEIRA OSCURA Ourense Carballeda de Avia FARAMONTAOS (SAN COSMEDE) PARROQUIA DE FARAMONTAOS (SAN COSMEDE) 20/06/1977 Ficha
1409 RÍO, COTO, BULEIRA, ABUIÑO E PIÑEIRA OSCURA Ourense Carballeda de Avia FARAMONTAOS (SAN COSMEDE) PARROQUIA DE FARAMONTAOS (SAN COSMEDE) 20/06/1977 Ficha
228 RIOBOO A Coruña Rois SORRIBAS (SAN TOMÉ) RIOBOO RIOBOO 26/06/1978 Ficha
228 RIOBOO A Coruña Rois SORRIBAS (SAN TOMÉ) RIOBOO RIOBOO 26/06/1978 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas