A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 929 | PANDA | Lugo | Pol | VALONGA (SANTA MARÍA) | SUSÁ, MILLEIRÓS E CRENDE | SUSÁ, CRENDE E PARROQUIA DE MILLEIRÓS | 15/06/1981 | Ficha |
| 929 | PANDA | Lugo | Pol | VALONGA (SANTA MARÍA) | SUSÁ, MILLEIRÓS E CRENDE | SUSÁ, CRENDE E PARROQUIA DE MILLEIRÓS | 15/06/1981 | Ficha |
| 2926 | PANXÓN | Pontevedra | Nigrán | PANXÓN (SAN XOÁN) | TODOS | MONTEFERRO-PANXÓN | 28/01/1983 | Ficha |
| 2926 | PANXÓN | Pontevedra | Nigrán | PANXÓN (SAN XOÁN) | TODOS | MONTEFERRO-PANXÓN | 28/01/1983 | Ficha |
| 2788 | PARABOA | Pontevedra | Gondomar | CHAÍN (SANTA MARÍA) | TODOS | CHAÍN | 27/07/2005 | Ficha |
| 2788 | PARABOA | Pontevedra | Gondomar | CHAÍN (SANTA MARÍA) | TODOS | CHAÍN | 27/07/2005 | Ficha |
| 2528 | PARADA | Pontevedra | Cañiza (A) | PARADA DE ACHAS (SANTIAGO) | TODOS | PARADA DE ACHAS | 07/12/1979 | Ficha |
| 2990 | PARADA | Pontevedra | Portas | PORTAS (SANTA MARÍA) | PARADA | PARADA | 24/05/1982 | Ficha |
| 3826 | PARADA | Pontevedra | Silleda | PARADA (SAN TOMÉ) | PARADA | 22/02/2006 | Ficha | |
| 2927 | PARADA | Pontevedra | Nigrán | PARADA (SANTIAGO) | TODOS | PARADA | 28/01/1983 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común