Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
650 GONDAR Lugo Lugo GONDAR (SANTA MARÍA) GONDAR 25/03/1985 Ficha
2781 GONDOMAR Pontevedra Gondomar GONDOMAR (SAN BIEITO) TODOS GONDOMAR 01/06/1984 Ficha
2781 GONDOMAR Pontevedra Gondomar GONDOMAR (SAN BIEITO) TODOS GONDOMAR 01/06/1984 Ficha
973 GONZAR E FERRERÍA Lugo Portomarín GONZAR (SANTA MARÍA) GONZAR E FERRERÍA GONZAR E FERRERÍA 28/11/1977 Ficha
973 GONZAR E FERRERÍA Lugo Portomarín GONZAR (SANTA MARÍA) GONZAR E FERRERÍA GONZAR E FERRERÍA 28/11/1977 Ficha
2031 GORGUA, VILAR E LADESA Ourense Padrenda SAN PEDRO DA TORRE (SAN PEDRO) PARROQUIA DE SAN PEDRO DA TORRE (SAN PEDRO) 28/02/1977 Ficha
2031 GORGUA, VILAR E LADESA Ourense Padrenda SAN PEDRO DA TORRE (SAN PEDRO) PARROQUIA DE SAN PEDRO DA TORRE (SAN PEDRO) 28/02/1977 Ficha
1335 GORITA, O CORGO, PELITRÁN E A SOLLEIRA Ourense Blancos (Os) COVELAS (SANTA MARÍA) PENALONGA 05/05/2004 Ficha
1335 GORITA, O CORGO, PELITRÁN E A SOLLEIRA Ourense Blancos (Os) COVELAS (SANTA MARÍA) PENALONGA 05/05/2004 Ficha
4153 Gorxal Pontevedra Vigo CABRAL (SANTA MARIÑA) CABRAL 24/10/2011 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas