A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 272 | FARO E HERBEIRA | A Coruña | Cariño | CARIÑO (SAN BARTOLOMEU) | O LIMO | 23/02/1981 | Ficha | |
| 3094 | FARO E PENA MAIOR | Pontevedra | Rodeiro | SAN MARTIÑO DE ASPERELO (SAN MARTIÑO) | COUSO | COUSO | 07/06/1994 | Ficha |
| 3094 | FARO E PENA MAIOR | Pontevedra | Rodeiro | SAN MARTIÑO DE ASPERELO (SAN MARTIÑO) | COUSO | COUSO | 07/06/1994 | Ficha |
| 1290 | FARRIA | Ourense | Baños de Molgas | POEDO (SANTA MARÍA) | PARROQUIA DE POEDO (SANTA MARÍA) | 31/10/1979 | Ficha | |
| 1290 | FARRIA | Ourense | Baños de Molgas | POEDO (SANTA MARÍA) | PARROQUIA DE POEDO (SANTA MARÍA) | 31/10/1979 | Ficha | |
| 1956 | FARRIA E PICOUTO | Ourense | Muíños | BARXÉS (SANTA MARÍA) | TABOADELA E SEOANE DE TABOADELA | 30/05/1979 | Ficha | |
| 1956 | FARRIA E PICOUTO | Ourense | Muíños | BARXÉS (SANTA MARÍA) | TABOADELA E SEOANE DE TABOADELA | 30/05/1979 | Ficha | |
| 2136 | FEAL | Ourense | Rairiz de Veiga | RAIRIZ DE VEIGA (SAN XOÁN) | RAIRIZ DE VEIGA | 13/10/1983 | Ficha | |
| 2136 | FEAL | Ourense | Rairiz de Veiga | RAIRIZ DE VEIGA (SAN XOÁN) | RAIRIZ DE VEIGA | 13/10/1983 | Ficha | |
| 2887 | FEAL E SORREGO | Pontevedra | Moraña | MORAÑA (SAN LOURENZO) | PORTO PEREIRO E SORREGO | PORTO PEREIRO E SORREGO | 20/11/1979 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común