Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
2275 DE VILANOVA Ourense Veiga (A) VEIGA (A) (SANTA MARÍA) VILANOVA 27/10/1976 Ficha
1597 DE VILAR Ourense Chandrexa De Queixa VILAR (SAN COSME) PARROQUIA DE VILAR (SAN COSME) 15/12/1975 Ficha
4063 DE VILAR Lugo Triacastela VILAVELLA (SANTA MARÍA) VILAR VILAR 12/06/2014 Ficha
4063 DE VILAR Lugo Triacastela VILAVELLA (SANTA MARÍA) VILAR VILAR 12/06/2014 Ficha
1597 DE VILAR Ourense Chandrexa De Queixa VILAR (SAN COSME) PARROQUIA DE VILAR (SAN COSME) 15/12/1975 Ficha
2388 DE VILAR DE BARRIO Ourense Vilar de Barrio VILAR DE BARRIO (SAN PEDRO FIZ) VILAR DE BARRIO 30/11/1976 Ficha
2388 DE VILAR DE BARRIO Ourense Vilar de Barrio VILAR DE BARRIO (SAN PEDRO FIZ) VILAR DE BARRIO 30/11/1976 Ficha
418 DE VILARELLO (I) Lugo Cervantes VILARELLO (SANTA MARÍA) VILARELLO DO RÍO E VILARELLO DA IGREXA VILARELLO DA IGREXA E VILARELLO DO RIO 30/04/1979 Ficha
418 DE VILARELLO (I) Lugo Cervantes VILARELLO (SANTA MARÍA) VILARELLO DO RÍO E VILARELLO DA IGREXA VILARELLO DA IGREXA E VILARELLO DO RIO 30/04/1979 Ficha
419 DE VILARELLO (II) Lugo Cervantes VILARELLO (SANTA MARÍA) VILARELLO DO RÍO, VILARELLO DA IGREXA E SAN MIGUEL VILARELLO DO RÍO, VILARELLO DA IGREXA E SAN MIGUEL 30/04/1979 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas