A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 3876 | CHUQUEIROS, CANCELIÑA, COSTIÑA, CHAO DE SOUTO, AS NOGUEIRAS, ROTEA, CEIBOS DE SAN SALVADOR E DA GRANXA, FONTENOVA E NOVAL | Ourense | Pereiro de Aguiar (O) | VILARIÑO (SANTA CRISTINA) | PARROQUIA DE VILARIÑO (SANTA CRISTINA) | 18/11/2008 | Ficha | |
| 2678 | CIMA DA COSTA | Pontevedra | Dozón | SISTO (O) (SAN XOÁN) | BARRIO E SEXTOS | BARRIO E SEXTOS | 20/02/1989 | Ficha |
| 2678 | CIMA DA COSTA | Pontevedra | Dozón | SISTO (O) (SAN XOÁN) | BARRIO E SEXTOS | BARRIO E SEXTOS | 20/02/1989 | Ficha |
| 1037 | CIMA DE VILA E VILAR DO MATO | Lugo | Ribas de Sil | SAN CLODIO | CIMA DE VILA E VILAR DO MATO | CIMA DE VILA E VILAR DO MATO | 28/11/1977 | Ficha |
| 1037 | CIMA DE VILA E VILAR DO MATO | Lugo | Ribas de Sil | SAN CLODIO | CIMA DE VILA E VILAR DO MATO | CIMA DE VILA E VILAR DO MATO | 28/11/1977 | Ficha |
| 31 | CIMADEVILA, BOIRO DE ARRIBA, BOIRO DE ABAIXO, CARROFEITO, ADUCIL, ESPIÑEIRAS E BRAZOS. | A Coruña | Boiro | BOIRO (SANTA EULALIA) | CIMADEVILA, BOIRO DE ARRIBA, BOIRO DE ABAIXO, CARROFEITO, ADUCIL, ESPIÑEIRAS E BRAZOS. | CIMADEVILA, BOIRO DE ARRIBA, BOIRO DE ABAIXO, CARROFEITO, ADUCIL, ESPIÑEIRAS E BRAZOS | 22/04/1988 | Ficha |
| 2328 | CISTELOS | Ourense | Viana do Bolo | BEMBIBRE (SANTO ANDRÉ) | BEMBIBRE E FORNELOS DE FILLOÁS | 23/06/1975 | Ficha | |
| 2328 | CISTELOS | Ourense | Viana do Bolo | BEMBIBRE (SANTO ANDRÉ) | BEMBIBRE E FORNELOS DE FILLOÁS | 23/06/1975 | Ficha | |
| 2701 | COBAS | Pontevedra | Forcarei | FORCAREI (SAN MARTIÑO) | COVAS | COBAS | 14/10/1975 | Ficha |
| 2701 | COBAS | Pontevedra | Forcarei | FORCAREI (SAN MARTIÑO) | COVAS | COBAS | 14/10/1975 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común