Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
575 ABAIXO Lugo Incio (O) RENDAR (SANTA MARÍA) RENDAR 31/03/1978 Ficha
575 ABAIXO Lugo Incio (O) RENDAR (SANTA MARÍA) RENDAR 31/03/1978 Ficha
221 ABAIXO E ARRIBA A Coruña Rois AUGASANTAS (SAN VICENTE) BEADE E PORTO BEADE E PORTO 27/02/1978 Ficha
221 ABAIXO E ARRIBA A Coruña Rois AUGASANTAS (SAN VICENTE) BEADE E PORTO BEADE E PORTO 27/02/1978 Ficha
2490 ABAIXO E CASTIÑEIRA Pontevedra Campo Lameiro CAMPO (SAN MIGUEL) COUSO COUSO 25/01/1979 Ficha
2490 ABAIXO E CASTIÑEIRA Pontevedra Campo Lameiro CAMPO (SAN MIGUEL) COUSO COUSO 25/01/1979 Ficha
2550 ABAIXO E OUTEIRO DE PENA GRANDE Pontevedra Cerdedo CERDEDO (SAN XOÁN) BARRO BARRO 21/09/1978 Ficha
2550 ABAIXO E OUTEIRO DE PENA GRANDE Pontevedra Cerdedo CERDEDO (SAN XOÁN) BARRO BARRO 21/09/1978 Ficha
2478 ABAIXO E REXEDOIRO Pontevedra Caldas de Reis CESAR (SANTO ANDRÉ) SAN ANDRÉS DE CESAR 24/03/2003 Ficha
2478 ABAIXO E REXEDOIRO Pontevedra Caldas de Reis CESAR (SANTO ANDRÉ) SAN ANDRÉS DE CESAR 24/03/2003 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas