Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Mediante o sistema de subscripción vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de actualidade forestal.
Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
pestana1
Madrid
Presentaranse os resultados dos proxectos de investigación FORESTVALUE e os casos de éxito.
Máis información aquí.
Helsinki, Finlandia
O Foro centrarase no rol do deseño no futuro, na construción de madeira masiva e chapa, na eficiencia e sustentabilidade dos recursos, así como na harmonización da lexislación e guías (guidelines) nórdicas. É a conferencia de referencia de construción en madeira nos países nórdicos e forma parte do Foro Internacional Holzbau.
Máis información: https://forum-holzbau.com/nordic/
Bruselas / híbrido
Debates sobre o futuro da enerxía sostible, con autoridades públicas, empresas, ONG, consumidores e expertos.
Máis información aquí.
online
Dúas empresas mostrarán as súas innovacións sostibles para materiais de construción de madeira de alto rendemento. Despois das presentacións, os asistentes poden conectarse e buscar colaboracións cos presentadores e outros asistentes en salas paralelas.
Máis información aquí.
online
O evento abordará as seguintes cuestións:
Canto poden contribuír as actividades baseadas nos bosques á mitigación do cambio climático?
Que papel xogan as políticas?
Como podemos maximizar a mitigación do cambio climático baseada nos bosques a nivel nacional/local?
Máis información aquí.
Paxinación
pestana2
online
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de aplicacións móbiles para inventario e monitoraxe forestal, e coñecer como estas poden axudar a aforrar tempo e diñeiro no traballo de campo, ou buscar posibles colaboracións.
Más información aquí.
online
O proxecto MaiL organiza a súa conferencia final, centrarase en diseminar as actividades e resultados do proxecto que ten como obxecto promover a utilización das áreas marxinais como potenciais sumidoiros de carbono para aumentar a fixación de CO2 no sector LULUCF sen impacto no sector agrario.
Máis información aquí.
DESIRA Rural Digitalisation Forum organiza un exercicio de previsión futura (foresight) a nivel UE. O obxectivo é establecer conexións entre os escenarios a 2031 dos Living Lab de DESIRA e a Visión a Longo Prazo para as zonas rurais 2040.
Máis información: https://mailchi.mp/desira2020/participate-second-rdf-meeting
Toda a información estará dispoñible na web de DESIRA https://desira2020.eu/
en liña e presencial 16:00 – 18:00 CET (Thon Hotel EU, Brussels, BE).
Este evento da iniciativa WoodCircus é un evento presencial (pero tamén de seguimento e participación en liña) que centrará o debate no rol como motor do crecemento sostible en Europa das industrias forestais da madeira. Contará cun panel de grandes expertos na materia.
Máis información aquí.
en liña
O evento contará con figuras chave no mundo da política, ciencia e industria para reflexionar sobre os resultados da COP26 en Glasgow, e debater as implicacións para a ciencia e tecnoloxía en Europa nos próximos meses.
Máis información aquí.