Montes veciñais en man común

A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
4024 PEROUCHO E OUTROS Pontevedra Grove (O) GROVE (O) (SAN MARTIÑO) SAN MARTIÑO 19/11/2012 Ficha
2856 PEROXA Pontevedra Moraña LAMAS (SANTA CRUZ) PEROXA PEROXA 20/11/1979 Ficha
2856 PEROXA Pontevedra Moraña LAMAS (SANTA CRUZ) PEROXA PEROXA 20/11/1979 Ficha
2670 PERTIGUEIRO, VILARIÑO OU DEBESA DE PERTIGUEIRO, COSTA DE PERTIGUEIRO E CARBALLEIRA DE VICENTE Pontevedra Cuntis CUNTIS (SANTA MARÍA) VILARIÑO VILARIÑO 07/05/1991 Ficha
2670 PERTIGUEIRO, VILARIÑO OU DEBESA DE PERTIGUEIRO, COSTA DE PERTIGUEIRO E CARBALLEIRA DE VICENTE Pontevedra Cuntis CUNTIS (SANTA MARÍA) VILARIÑO VILARIÑO 07/05/1991 Ficha
874 PESQUEIRAS Lugo Pantón ATÁN (SANTO ESTEVO) PESQUEIRAS PESQUEIRAS 09/12/1985 Ficha
874 PESQUEIRAS Lugo Pantón ATÁN (SANTO ESTEVO) PESQUEIRAS PESQUEIRAS 09/12/1985 Ficha
3180 PEXEGUEIRO Pontevedra Tui PEXEGUEIRO (SAN MIGUEL) TODOS PEXEGUEIRO 19/11/1981 Ficha
3180 PEXEGUEIRO Pontevedra Tui PEXEGUEIRO (SAN MIGUEL) TODOS PEXEGUEIRO 19/11/1981 Ficha
3024 PICARAÑA E CANEDO Pontevedra Ponteareas PONTEAREAS (SAN MIGUEL) TODOS PONTEAREAS 04/12/1980 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas